ARACNE (OU A ARAÑA QUE NON PODIA TECER)

A soidade come por dentro a Aracne, unha pequena araña que non é quen de producir a súa propia tea. É diferente e iso faina única. Tristemente, ela non o sente así.
A soidade come por dentro a Aracne, unha pequena araña que non é quen de producir a súa propia tea. É diferente e iso faina única. Tristemente, ela non o sente así.
Encarna, una afable señora de 74 anos, vive co seu gato e compañeiro de vida, chamado Hueso. Unha noite, unha parella de ladróns entra no seu apartamento con intención de roubar.
A Elisa gústalle Martín, pero parece que Martín non se decata. Todos os consellos que Elisa recibe para que Martín se fixe nela pasan por mudar non só o seu aspecto, senón a persoa que é en realidade.
Sofía, a criminal máis buscada do Estado, non pode evitar atoparse co seu propio destino logo dunha persecución. Nese encontro cara á cara coa Morte, comeza un baile impulsado polo amor á primeira vista.
O pequeno Antonio e o seu amigo Sebastián, agochados tras un arbusto, observan con curiosidade como unha familia de ourizos recolle mazás das árbores cravándolles as súas pugas.
Encerrada na rutina, Mari Pili pasa os días aburrida no parque dando de comer aos paxariños, ata que un día un grupo de corvos comeza a devolverlle o favor agasallándoa con pequenos detalles.