Sinopsis
Durante unha reunión familiar, todos os personaxes menos o «cuñao» xogan un bingo moi particular. O seu comportamento engade un elemento cómico e caótico á atmosfera da cea, xa que son os seus comentarios inapropiados e a súa falta de saber estar o que move as fichas do xogo, sen ser consciente en ningún momento de que el está a ser o idiota dunha «cea de idiotas».