Actividades especiais da 47 Semana de Cine de Lugo
- A Muralla, 25 anos da declaración de “Patrimonio da Humanidade” Exposición “UN CUARTO DE SÉCULO DESPOIS. A muralla, punto de mira”. Obras de fotógrafos de prensa de Lugo.
- 90 anos de radio en Lugo. Exposición “A RADIO DA NOSA VIDA / A NOSA VIDA NA RADIO”.
- O Nadal en setembro. Homenaxe aos 53 anos do Belén de Begonte, en colaboración coa asociación José Domínguez Guizán.
- O Alzheimer. Mesa redonda en colaboración con: Academia de Enfermaría de Galicia, Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo , Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Servicio de Xeriatría do Hula. Modera: Isidoro Rodríguez, Presidente da Academia Galega de Enfermaría.
- Homenaxe á fotógrafa sarriá Mercedes Vázquez Saavedra
- Homenaxe á actriz chantadesa María Vázquez, coa edición do libro “María Vázquez, de María a Matria”, de Manuel Curiel, e colocación da súa placa no Paseo do Cine”.
- Placa a Enrique Muiño, “o gaucho galego”, no Paseo do Cine.
- 100 anos de “A quimera do ouro”, de Charlot, que se conmemora no cartel anunciador, obra do lucense Primitivo Marcos.
- Cine en Aspnais. Ciclo en colaboración coa Asociación Provincial de Pais e titores de persoas con discapacidade intelectual.
- Cine nos centros penitenciarios de Bonxe, Teixeiro e Monterroso en colaboración coa Asociación Concepción Arenal.
- Concurso de escaparates de cine en Lugo, en colaboración con Lugo Monumental.
Programa das Actividades especiais
- Luns, 22. 20,00. Deputación. Presentación do libro “MARÍA VÁZQUEZ, de María a Matria”, de Manuel Curiel e proxección de “A sombra do castiñeiro”, presentada polo seu director, o guntinés Marcos Varela.
- Luns, 22. 22,00 h. Auditorio Gustavo Freire. Inauguración oficial da Semana coa actuación da BANDA SONS E SOÑOS, a Banda da Semana, dirixida por Armando Morales, con bandas sonoras de grandes películas. Actuación da regueifeira Lupe Blanco. De seguido, primeira proxección da sección oficial.
- Martes, 23. 16,00 h. Xunta de Galicia. “O Nadal en setembro”, homenaxe da Semana de Cine ao Belén de Begonte. Comezo da proxección de películas sobre o Nadal, que continuarán mércores, xoves e venres.
- Mércores, 24. 17,30. Biblioteca provincial. Inauguración da exposición “90 anos de radio en Lugo. A radio da nosa vida. A nosa vida na radio”. Intervirán Tonina Gay, Paco Rivera, Chema Vázquez Losada e Xulio Xiz. Proxección da película “A solas con Farid”.
- Mércores, 24. 20,00 h-. Deputación. Homenaxe á fotógrafa sarriá Mercedes Vázquez Saavedra, e proxección da película “Retrato del silencio”.
- Xoves, 25, 12,00 h. Concello. Inauguración da exposición fotográfica “Un cuarto de século despois: A muralla, punto de mira”, con obras de fotografos de prensa lucenses.
- Venres,26.20,00h. Deputación. Mesa redonda sobre O Alzheimer, moderada por Isidoro Rodríguez, Presidente da Academia Galega de Enfermaría. Proxección de “Recuérdame Alzheimer. El principio de la desconexión”.
- Sábado, 27. 13,00 h. Homenaxe a María Vázquez. Descubrimento de placas no Paseo do cine na honra de María Vázquez e Enrique Muíño, “o gaucho galego”.
- Sábado, 27. 22,00 h., Auditorio. Peche da XLVII Semana de Cine. Entrega dos premios do Certame de escaparatismo Semana de Cine, convocado por Fonmiñá e Lugo monumental.