Sinopsis
Julia, Ricardo e María sentan a xogar á oca, pero non a unha calquera. Casa a casa avanzarán por un taboleiro que lles fará lembrar as anécdotas da súa infancia e mocidade. Tiro porque me toca bota man da fantasía e transforma os xogadores en ocas de xoguete coas que se recrean tres historias cheas de humor, felicidade e nostalxia. Con elas, o xogo transfórmase nun universo máxico co que lembrar a Compostela do século pasado.