Sinopsis
É posible capturar unha vida nunha chea de cartas e fotografías? A existencia de Ramón, inevitablemente entrecruzada coa turbulenta marcha do seu país, agochábase ata hai pouco nunha caixa oculta entre as vigas dun celeiro.
Tres xeracións despois, un membro da familia descúbrea e comeza a construír un estraño vencello con quen é, a todas as luces, un descoñecido. Os interrogantes, entre prexuízos e lembranzas esquecidas, comezan a tomar forma. Entre a memoria e o ollar persoal, a súa figura comeza entón a se reconstruír paseniño.
PREMIOS
Festival de Cortometrajes Ciudad de Oviedo-2025
Festival Internacional de Cine de Gijón-2023.
Sevilla Film Festival-2024