Sinopsis
Unha moza chamada Alma atopa un caderno nun parque. Trátase dun diario no que ve anotacións e debuxos de diferentes lugares, xunto a unha tira de fotomatón usada como marcapáxinas. Decide ir aos lugares debuxados no caderno co propósito de devolverllo á súa dona, utilizando a tira de fotomatón como referencia para atopala. Durante a procura, Alma le as reflexións escritas no diario e comeza a identificarse cos sentimentos plasmados nas súas páxinas.