Sinopsis
En plena pandemia do coronavirus, Ximena amence con moita fame. Outra mañá máis, as súas accións repítense como nun mal chiste. Outro día da marmota transcorre, ata que un pequeno pormenor o cambia todo: levar unha tixola vella ao punto verde. Ao longo desta epopea surrealista, Ximena cruzarase cunha tartaruga, unha banda de música balcánica, un mimo disfrazado de gaivota, un vendedor de panos e ata un empresario arrogante cun ego tan grande como a súa falta de educación. Un desafortunado atranco torna a rutina en carne para a frixideira, nunha eclosión chea de sangue, humor negro e moita música.