Sinopsis
Un xeneral da República, Juan García Gómez Caminero, atravesa Sanabria en xullo de 1936 e métese en Portugal. Para os paisanos que o viron, en San Ciprián de Hermisende, «un covarde que fuxía». Pero aquel home tiña unha misión do Goberno lexítimo: intentaba evitar a rebelión dos cuarteis do Noroeste de España. Non o conseguiu e volveu a Madrid dando un arrodeo por Portugal.