Sinopsis
No obradoiro de Sito, a madeira tórnase en música. Cada peza pasa polas súas mans sen présa, respectando tempos que hoxe parecen doutro mundo. Non busca a perfección, senón ese punto exacto onde o posible e o necesario se atopan. Coa precisión que dá a experiencia, mide sen regras, calculas sen présas e deixa que a madeira dite o seu propio camiño. Entre ferramentas gastadas, labras no chan e un silencio só interrompido polo son do torno, vai tomando forma unha gaita única. Cada burato, cada axuste e cada peza ensamblada reflicten algo máis que un proceso de fabricación: son a expresión dunha forma de vida que resiste nun mundo onde o inmediato o invade todo. Sito é único na súa especie, un artesán obsesionado cun saber que pouco a pouco se apaga, pero que el mantén vivo con cada gaita que sae das súas mans. A música tradicional non só se toca, tamén se constrúe; e no seu obradoiro, entre as serraduras e a madeira, segue a latexar coa mesma forza de sempre.