Sinopsis
Austria, século XVIII. Vilas rodeadas de profundos bosques. No alto dun outeiro, unha muller foi executada e exposta á vista de todos logo de matar un bebé. Como proba. Como advertencia. Como un presaxio? Agnes, profundamente relixiosa e moi sensible, casa co seu amado Wolf e prepárase candidamente para unha vida de esposa. Pouco despois, a súa cabeza e o seu corazón comezan a sentirse pesados. Día tras día, vese cada vez máis atrapada nun camiño turbio e solitario que a conducen aos malos pensamentos. Quizais… non só pensamentos.
PREMIOS
2024: Festival de Berlín: Oso de Prata - Contribución artística sobresaínte. 2 nominacións.
2024: Premios do Cine Europeo (EFA): Mellor deseño de vestiario.
2024: Festival de Sitges: Mellor filme.