Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo 2025

Main navigation

  • Ciclos
  • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Prensa
  • Materiais
    • Xornal
    • Catálogo
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá

FRAGMENTOS

  1. Inicio
  2. FRAGMENTOS

Cine Documental

Cine Documental
Cine Documental
/Deputación Provincial /
xoves, 25 Setembro, 2025 - 17:30
Ficha Técnica

España, 2024-29 min.

Directora: Sara Brun

Sinopsis

Fragmentos é un documental que combina entrevistas e historias de ficción para sensibilizar a sociedade sobre os desafíos que afrontan as persoas novas e promover o debate sobre como abordalos dende diferentes eidos. Durante todo o curso, a guionista e directora Sara Brun e a directora do grupo de teatro do IES Valle del Ebro (Navarra), M.ª José Esteban, traballaron con 24 adolescentes fomentando a escoita activa e ofrecendo un espazo seguro para expresas as súas preocupacións e realidades.

O proxecto aborda temas complexos e relevantes como o bullying, as redes sociais, as relacións románticas, o medo ao futuro, a presión académica, a identidade de xénero, a saúde mental, o coidado do planeta, a diversidade cultural e o suicidio. Tres destes temas foron seleccionados para as pezas ficcionadas: o bullying, a diversidade cultural e o suicidio.

A través destas historias, o mediometraxe reflicte a vida diaria dunha vítima de acoso escolar, a riqueza da diversidade cultural mediante a tradición búlgara de Baba Marta e o preocupante aumento do suicidio xuvenil, que se converteu na primeira causa de morte entre os menores de trinta anos.

O elenco está composto polo propio alumnado do centro, tanto nos testemuños como nas pezas de ficción, dando un valor especial ás súas vivencias e perspectivas. O obxectivo de Fragmentos é xerar un impacto social positivo, poñendo o foco na importancia de escoitar as persoas novas.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌