Sinopsis
A aparición duns restos humanos nunha cova da pequena poboación de Segura leva o periodista Álvaro Noguera a desprazarse cara a esta localidade en busca de respostas sobre este achado. Durante esta viaxe profesional, que tamén é persoal porque os seus falecidos pais naceron neste concello do que marcharon misteriosamente antes do nacemento de Álvaro, o protagonista comeza a vivir un prometedor romance, ao tempo que tenta desvelar un segredo que os veciños de Segura levan ocultado celosamente dende hai máis de tres décadas.