Sinopsis
Jara, Álex e Miranda son tres rapazas que medraron nun centro de menores sen saber o que é o amor sen condicións. É o aniversario de Jara, e as tres queren celebralo no concerto da súa trap queen favorita. Precisan cartos e non teñen moitas opcións para conseguilos. Pero coñecen unha rapaza algo máis vella, ex-interna do seu mesmo centro, que se dedica a conseguir citas con adultos nos baños da estación de autobuses, e que lles vai ofrecer gañar algo de diñeiro fácil.