Sinopsis
Andrés e Fermín son uns policías mozos que se enfrontan co peor caso da súa carreira profesional: un asasino en serie do que unicamente coñecen a sinatura no lugar do crime e a súa obsesión polas mulleres novas. O seu ascenso e prestixio, así como o do seu comisario, penden dun fío. As mortes sucédense, e precisarán de todo o seu enxeño e experiencia para resolver o misterioso asunto. Coa axuda das xornalistas Ana e Claudia, conseguirán descifrar o submundo que se agocha tras este xogo de historias entretecidas. Las lechuzas solo salen por la noche é unha novela desacougante, chea de intrigas e segredos, onde o esencial se encontra nos silencios.