Sinopsis
Nunha aldea do interior de Galicia unha muller de avanzada idade, Dorinda, fai fronte ao desacougo de sentir a espreita da morte. Porén, cando, tras o cabodano da súa mellor amiga, un inusual desvío a leva a redescubrir a casa onde naceu, aparece nela unha nova ilusión. Este lugar, agora en ruínas e esquecido, convértese nun refuxio inesperado onde pode viaxar a través das súas lembranzas e revisitar o seu pasado. Rememorar e traer ao presente as experiencias vividas proporciona a Dorinda a calma e serenidade necesarias para encarar o futuro cunha actitude distinta.
A memoria das pedras é unha curtametraxe de ficción que explora a temática da memoria a través da combinación de imaxe real e animación 2D.