Sinopsis
O mexillón en Galicia ten carácter propio. Consumido dende a Idade de Ferro ata a actualidade, prodúcese un punto de inflexión coa chegada dos primeiros barcos á ría de Arousa por volta de 1945. Nesta época, pasa dunha recolleita rústica e primaria a transformarse en cultivo, tornándose motor económico de moitas vilas costeiras.