Sinopsis
Diego é un narcisista que finxe estar interesado en resolver misterios para poder ter relacións sexuais cunha moza, Uxía. Os dous intentan entrar nunha granxa para mostrarlle ao mundo os misterios que alí se agochan. Mentres isto ocorre, Diego descúbrese e Uxía comeza a comprender a situación. Do que non se decatan é de que chaman a atención do granxeiro.