Sinopsis
En 1963, Franco inaugura o encoro máis grande de Galicia no río Miño, en Chantada (Lugo). Unhas obras no encoro por parte de Fenosa entre 2011 e 2013 fixeron que as vilas e as terras visen a luz por primeira vez en cincuenta anos, rexurdindo as lembranzas anegadas da xente que alí viviu e que tivo que deixalo todo, porque, segundo dixo Franco no seu discurso inaugural «la obra es de suma importancia para la economía de la región galaica y para la vida de España»