Sinopsis
Apenas hai 200 metros entre os sinais de entrada e saída de Nadal. Situada entre provincias, a miña familia materna viviu nesta pequena aldea de non máis de vinte casas durante unha parte das súas vidas. Visitala de neno sempre era sempre unha gran alegría: ver a miña bisavoa, o cocido, estar con León e os gatos, a horta do meu avó ou coller amoras nos bosques dos arredores... Pero agora, iso son só lembranzas difusas. Quedan aínda fotos, historias nas memorias da miña avoa e da miña nai, algunha pintura ou as imaxes do street view. Cambiou algo realmente?