Sinopsis
O río Eo baña as comarcas do norte de Lugo e do oeste de Asturias. As súas augas, durante séculos, serviron para dar sustento e enerxía á súa xente. Hoxe en día, continúa a ser unha peza crucial do seu entorno, funcionando como nexo de unión entre ámbalas provincias, e irmandando aos seus habitantes.
Emprendín unha viaxe ao longo do seu leito, entre Trabada e A Pontenova, na procura dun novo xeito de ver e sentir este espazo, a súa historia.
No alto do monte nace a vida, e a vida baixa aos poucos por entre os regatos.