Sinopsis
Persoa Maceta Lámpada, un ser feito de trastes, conta a súa rutina ao longo dun día normal. Dende o amencer ata o solpor, Maceta Lámpada pasea pola cidade buscando pequenos detalles que chamen a súa atención e o fagan sentirse útil. Malia os seus días poderen ser ás veces solitarios e aburridos, pola noite chega a casa e descansa, e todo perde gravidade.