Sinopsis
Un chien galicien (un can galego) conta a historia dunha moza que aprende a bailar na corda frouxa da vida. A crise adolescente enfronta a protagonista coa aceptación da mortalidade e da identidade nunha loita entre o medo ao cambio e a alegría de vivir.
Un chien galicien é unha homenaxe ao movemento surrealista en xeral e a Un chien andalou (un can andaluz), en particular. A pretensión da autora foi render homenaxe á famosa curtametraxe de Buñuel e Dalí, con ecos da Nouvelle Vague.