Sinopsis
O pequeno Nico é fillo dun dos renos que puxan do trineo de Papá Noel. Desexa con todas as súas forzas voar e coñecer o seu pai. Por iso decide ir na súa procura. Na súa aventura, acompáñano Julius, un esquío voante, e WIlma, unha descarada donicela que os guiará ata as montañas de Papá Noel. Tamén se atoparán cunha manda de lobos que teñen un plan terrible: devorar a Papá Noel e os seus renos e terminar así co Nadal. Nico terá que demostrar a súa coraxe para evitar que isto aconteza e para poder cumprir o seu soño.