Sinopsis
Nunha peza carente de rostros as mans e o espazo éncheno todo.
Noa, unha moza en conflito, presenza a morte da súa moza, Lúa. Na súa casa tende a roupa, come, le e durme, pero hai algo que lle falta. Entre sabas e cadernos antigos, só descobre recordos e sentimentos encontrados dunha vida que xa non ten nin pode sentir. Ten roupa que non é súa, obxectos que nunca usou, un caderno cheo de debuxos sen terminar e pingueiras polas que a auga non para de caer. O colchón parece recordar a forma de Lúa.
Nesta gran situación de precariedade, Noa intenta superar a gran perda e volver a súa vida cotiá.