CORRE O VENTO

Vilar do Courel é unha pequena aldea agochada entre as montañas luguesas, que, cos seus últimos alentos, resiste a desaparición provocada polo despoboamento e o avellentamento do mundo rural.
Vilar do Courel é unha pequena aldea agochada entre as montañas luguesas, que, cos seus últimos alentos, resiste a desaparición provocada polo despoboamento e o avellentamento do mundo rural.
O fío condutor deste documental parte do libro Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano, escrito por José Luis Díaz, sobriño do protagonista.
Carlos Oroza, poeta maldito e xenio único, foi acusado de todo e marxinado por unha sociedade que non soubo entendelo. Fixo do Cafe Gijón o seu refuxio, cun só ídolo: el mesmo.
Unha variante do virus da rabia infectou a poboación mundial. Agora, nun mundo cheo de infectados, tres irmáns fan todo o posible para sobreviviren e reunírense.
En setembro de 1985, un acontecemento mudaría para sempre o modo de vida dos habitantes da Illa de Arousa: a construción dunha ponte que a conectaba co resto do continente.
As persoas somos o que somos por quen nos inspira.
Antón viaxa á aldea dos seus avós para recibir a primeira comuñón.
En 1989, José Luis e Luz María, un matrimonio novo que vive en Galicia e acaba de ter unha filla, divórciase. José Luis filma todo o proceso de ruptura coa súa cámara.
Despois de vinte anos vivindo en Barcelona,Zeltia regresa a Galicia para filmar a memoria do seu admirado tío Antonio, un artesán téxtil galeguista gai que viviu inten
Nunha peza carente de rostros as mans e o espazo éncheno todo.
Os furtivos e o cambio climático están a acabar coa ameixa fina e a ameixa branca nas rías galegas. Un grupo de mariscadoras a pé loitan por remediar este desequilibrio.
O día despois do enterro do seu pai, Manuel agarda a chegada da súa irmá Olalla, coa que leva máis de vinte anos sen falar; os que pasaron dende a morte da súa nai, cando ela marchou da casa sen avisar e para non volver.