Sinopsis
Durante a tranquilidade dunha tarde na montaña, dous amigos, un rapaz e unha rapaza, xogan a verdade ou reto. Consonte intercambian desafíos e palabras, vanse introducindo nunha espiral crecente de emocións íntimas.
Historias sobre relacións pasadas e soños futuros, como unha nova vida, que podería comezar ou rematar en París. O rapaz comeza a enfrontarse non só cos seus propios pantasmas, senón tamén cunha atracción inesperada por homes e mulleres. Mentres, a rapaza revela as súas propias vulnerabilidades.
Os anhelos e as inseguridades propias da xuventude empurran os dous amigos a un desafío inesperado, marcado pola incerteza, a busca de identidade e a aceptación sincera dos seus propios sentimentos.