As curtas cine son

CUADRO

Vello Cárcere
luns, 22 de Setembro de 2025 - 17:30

Un neno xoga coa súa cámara super 8, cando de súpeto todo se torce... Cuadro é unha curta dura e visceral sobre os traumas da infancia. De como nos cambia e destrúe para logo refacernos en algo totalmente diferente.

OSTRAS

Vello Cárcere
luns, 22 de Setembro de 2025 - 17:30

En casa de Marta cómense ostras decote e, de cando en vez, xorde algún que outro incidente. Ela sacrifícase para compracer os que a rodean e miran só polo seu interese persoal e os seus caprichos. A pesar de todo, non perde o seu sorriso.

YUNGAY

Vello Cárcere
luns, 22 de Setembro de 2025 - 17:30

Maio de 1970. En Yungay, unha cidade da serra de Perú, a tranquila vida de Mateo, un neno de once anos, e a do seu inseparable can, Lepanto, vese alterada cando comezan a percibir cousas estrañadas á súa volta.

PLANETAGATIK

Vello Cárcere
xoves, 25 de Setembro de 2025 - 17:30

Mario, un científico que realiza experimentos espectaculares nun avanzado centro de investigación alimentaria canda a súa colega Karla, procura a súa xefa Juana cando as novas políticas medioambientais para os empregados se volven insoportables.

LAS PARDAS

Vello Cárcere
sábado, 27 de Setembro de 2025 - 17:30

Un grupo de amigas travestí cóase como cada noite na piscina municipal para lidiar coa calor do verán. A escuridade apértaas e a vexetación protéxeas da mirada do mundo. Pero esta noite é distinta.

LA ROSA

Vello Cárcere
sábado, 27 de Setembro de 2025 - 17:30

Díxose a si mesma que quería recuperar a súa vida, que volvería ser ELA. Quen sabe? Talvez el cambiou e todo volve ser como antes. Pero, e se segue sendo o mesmo home de sempre?

LA GAUCHADA

Vello Cárcere
sábado, 27 de Setembro de 2025 - 17:30

Nun camiño de terra desolado, Alfreda, Luisa e Carolina, tres monxas vestidas cos seus traxes tradicionais, volven en coche da misa nunha capela rural. De camiño, o seu coche pincha unha roda diante dunha polbeira.

EL OTRO

Vello Cárcere
sábado, 27 de Setembro de 2025 - 17:30

Un home está só. Fai varias chamadas e ninguén responde, está moi só. Di que non vai saír esa noite, pero sae. Volve para a casa, máis alegre e máis vivo, pero peor. Bebe, consume drogas, escoita música, vólvese tolo.