Sinopsis
Durante os últimos sete anos, Juan e Virginia non se viron ou non se quixeron ver. Ela foi a súa mestra durante os seus anos de instituto e, despois, fixéronse amigos. Dalgún xeito, ela orientou a vida de Juan cara á escritura e marcou o seu carácter. Algo aconteceu entre eles, e a súa amizade rachouse. Virginia ponse en contacto de novo con Juan e pídelle que vaia visitala á vila onde vive retirada, unha pequena vila da España baleirada. No seu reencontro, aparece esvaída a relación de profesora e alumno. A súa conversa é un regreso aos temas que os uniron: os libros, a arte, os paseos, pero tamén unha lembranza do seu enfado e separación. Consonte pasan as horas, Juan vai descubrindo que o verdadeiro motivo da chamada de Virginia é que necesita a súa axuda para resolver un problema familiar. Está desesperada e séntese soa e vella nun mundo baleiro.