Sinopsis
Carmen e Rocío pertencen a unha liñaxe de lavandeiras que dende hai varias xeracións baixan diariamente ao río para lavar as roupas da vila. Estas mulleres non só herdaron este oficio, senón tamén a paixón polo canto e a danza español que amenizan o seu traballo. Un día, Carmencita, a filla máis nova, aparece afogada no río, e Carmen, a nai, queda encerrada na non aceptación, convencida do inminente regreso da nena, cuxa pantasma segue aparecéndoselle en forma de sombra. Rocío, a outra filla de Carmen, debe cargar soa co peso do seu propio loito, da casa e dunha nai que parece velar a memoria dunha filla morta, esquecendo a viva polo camiño. Só a través da danza e coa axuda de Rocío, Carmen irá transitando o loito ata deixar marchar a pantasma e aceptar a súa ausencia.