Sinopsis
Desde pequena, Ade padece un estraño trastorno coñecido como Síndrome de detención do pestanexo, que lle impide abrir os ollos voluntariamente. Ás veces, durante cinco ou seis horas. Agora, con dezasete anos, Ade está no medio do seu episodio máis grave. Non abre os ollos desde hai tres días. A partir deste momento, e a través da súa narración, acompañamos a Ade, dende o seu primeiro diagnóstico ata o presente, centrándonos especialmente na súa relación con Elira, tratando de atopar nestes momentos determinantes da súa vida algo que a axude a comprender a súa situación e, con sorte, a abrir os ollos.