Sinopsis
Jaume, un director de xornal de 55 anos, acaba de xantar coa súa muller, Laura, de 45, na terraza dun restaurante con vistas ao mar en Fornalutx, Mallorca. É o día 25 de xullo. Cada ano, o día de san Xaime, o noso protagonista visita a tumba do seu pai, que tamén se chamaba Jaime, no cemiterio da vila. Laura pregúntalle por que mantén este costume tantos anos despois da morte do seu proxenitor. El non se se dá explicado ben e, un chisco avergoñado, deixa a mesa e diríxese ao aparcadoiro. Jaume conduce pola estrada cara ao cemiterio. Comeu e bebeu demasiado. O sol da tarde faino boquexar. De súpeto, ao ollar polo retrovisor, Jaume decátase de que hai alguén sentado no asento traseiro. É o seu pai, só que ten o aspecto dun mozo de vinte e tantos anos e vai vestido de soldado, pois está a facer o servizo militar. Tamén para el é o día do seu santo e o do seu fillo, pero en 1948. Durante a conversa, Jaume deberá contar ao seu pai como transcorreron os seus derradeiros días de vida.