Sinopsis
Despois de vinte anos vivindo en Barcelona,Zeltia regresa a Galicia para filmar a memoria do seu admirado tío Antonio, un artesán téxtil galeguista gai que viviu intensamente nos anos oitenta. Este regreso provoca o reencontro coa súa nai, Socorro, unha muller moi conservadora que Zeltia rexeitaba. O repentino empeoramento da saúde de Socorro muda o ollar de Zeltia, que comeza un camiño de volta á casa complexo, mais tamén cheo de amor, coidado e curación.