Sinopsis
Sofía ten un bar que herdou dos seus pais no seu barrio de toda a vida. Un día vese na obriga de socorrer a Manuel, cliente habitual do bar, que foi vítima dun asalto. Acólleo na súa casa por unha noite, mais parece que despois Manuel se resiste a marchar. Sofía non está nun bo momento; non logra superar a morte dos seus pais tres anos atrás e cústalle ver os outros. Un golpe de realidade abriralle os ollos e ambos encontrarán nesa convivencia unha posibilidade transformadora.