Sinopsis
Un grupo de amigas travestí cóase como cada noite na piscina municipal para lidiar coa calor do verán. A escuridade apértaas e a vexetación protéxeas da mirada do mundo. Pero esta noite é distinta. As conversas non as sacian e o perigo axexa, dende os arbustos ata o fondo da piscina e, case sen se decataren, a luz e os bañistas sorpréndenas.