Sinopsis
Marciano García, un home con síndrome de Down, encontra na súa fantasía de converterse en astronauta a escusa perfecta para non afrontar a morte do seu avó. Canda o seu mellor amigo, Jose, fará todo o posible por satisfacer o seu soño, deixar o traballo e fuxir a outro planeta.