Sinopsis
Dous irmáns levan anos afastados, sen saber das vidas do outro. Reúnense e enfróntanse nun duelo final para tentar resolver un engano que os separou e levou á destrución da súa familia e á morte do seu pai, un prestixioso mestre do xadrez. Fénix, excampión do mundo de xadrez, derrotado por unha fraude cometida no seu pasado, vive atrapado na deshonra e no sentimento de culpa. Héctor, tamén mestre do xadrez, permanece secuestrado pola ira e a necesidade de vinganza. Cando se reencontran, vense obrigados a baterse en duelo nunha partida final de xadrez.