Sinopsis
As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde o momento en que nacemos, os reflexos da xente que admiramos, das nosas referencias, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións
Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada dunha das maiores influencias da súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña cinco anos, e todo o que lle queda dela son as lembranzas doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e os lugares que viviron a súa tía, para deitar luz sobre este conflito interno a través da primeira herdanza que ela lle deixou: o impulso creativo.