Sinopsis
En setembro de 1985, un acontecemento mudaría para sempre o modo de vida dos habitantes da Illa de Arousa: a construción dunha ponte que a conectaba co resto do continente. As liñas eléctricas, a dispoñibilidade de auga quente ou o transporte eran algunhas das complicacións que había ata entón. Como era a vida daquela? Que se facía cando había emerxencias médicas? Mellorou realmente a vida na Illa despois da ponte? Neste documental, escoitamos as declaracións dos arousáns que foron testemuñas de todo o proceso de cambio.