Sinopsis
Nun planeta devastado, os vestixios da morte son as únicas testemuñas da existencia humana. Dous coches, unha persecución impactante e unha nena cuxo mundo se está a extinguir e que debe enfrontarse cunha situación límite que esnaquizará a súa infancia en mil anacos. Envoltos na agonía dun aire irrespirable, corren desesperadamente pola súa última oportunidade de sobrevivir.